miércoles, 7 de marzo de 2012

CARREIRA DE REMUDAS

Nunha carreira de remudas, as persoas integrantes dun equipo fan quendas para competir en carreiras, natación, orientación, esquí de fondo, biatlón e patinaxe sobre xeo por partes dun circuíto. A orixe das carreiras de remudas atópase nas carreiras profesionais e xuvenís. Nos Xogos Olímpicos, hai varias carreiras de remudas.

  • Remudas en atletismo

As carreiras de remudas en atletismo son carreiras a pé para equipos de, polo menos, catro compoñentes, en que un corredor percorre unha distancia determinada. A testemuña ou pau, que é un tubo ríxido, pasa ao seguinte corredor e así sucesivamente ata finalizar a carreira. O paso da testemuña debe realizarse nunha zona determinada, sen que esta caia ao chan.

  • Regras e estratexia

A técnica básica da carreira de remudas sería a de recibir e entregar coa man cambiada. O primeiro remudista sairá coa testemuña na man dereita, correndo polo interior da curva. O seu compañeiro esperarao ao pasar da primeira curva na súa parte dereita.  
Un equipo pode ser descualificado por: perder a testemuña, facer un inadecuado intercambio de remuda, facer unha saída en falso, adiantar incorrectamente a outro corredor, evitar o paso doutro competidor ou obstaculizar de calquera forma a outro competidor.

                                                                                                     Rubén Pequeño, 3º ESO C

PIERRE DE FREDY

Pierre de Fredy (baron de Coubertin) naceu en París o 1 de xaneiro de 1863, nunha familia burguesa. 

O que sería o “pai dos xogos olímpicos modernos” foi un estudoso da filosofía e mitoloxía gregas. O que influíu definitivamente na súa intención de revivir os xogos foron as escavacións arqueolóxicas das cidades de Troia e Olimpia, que provocaron que Europa volvera a vista cara á antiga Grecia.
Os estudosos, investigadores e científicos centráronse en estudar tempos pasados.
O grego e o latín recuperaron o seu lugar entre os estudos da mocidade da época .

O 25 de novembro de 1892, Coubertin formou varias sociedades deportivas e difundiu a súa mensaxe nunha conferencia que lanzou ao mundo o proxecto de restablecer os xogos olímpicos, mensaxe que non calou, a pesar de que a  idea comezou a espertar unha curiosidade que obtería os seus froitos en 1894.

                                                                                                             Miriam Ríos, 3º.ESO A
                                                                                                             Héctor Currás, 3º ESO C

UN POUCO DE HISTORIA

Como era o atletismo na Roma do século II a. de C.?
Que pasou co concepto de deporte?

Grecia comenzou a declinar como potencia do atletismo no século III a. de C.
Roma ocupou o seu lugar no século II a. de C. Pouco a pouco perdeuse o espírito dos afeccionados e a atmosfera relixiosa do pasado. Aristófanes, o comediógrafo ateniense, observou ben esta declinación.

Aristófanes queixouse amargamente de que os mozos gregos abandonaran "o ximnasio polos luxos dos baños, e tiñan as caras pálidas e peitos estreitos". Os xogos foron decaendo ata que o emperador cristián de Roma Teodosio I o Grande os aboliu por completo. 




                                                                                                              Miriam Ríos, 3º ESO A
                                                                                                              Héctor Currás 3º ESO C