PIERRE DE FREDY
Pierre de Fredy (baron de Coubertin) naceu en París o 1 de xaneiro de 1863, nunha familia burguesa.
O que sería o “pai dos xogos olímpicos modernos” foi un estudoso da filosofía e mitoloxía gregas. O que influíu definitivamente na súa intención de revivir os xogos foron as escavacións arqueolóxicas das cidades de Troia e Olimpia, que provocaron que Europa volvera a vista cara á antiga Grecia.
Os estudosos, investigadores e científicos centráronse en estudar tempos pasados.
O grego e o latín recuperaron o seu lugar entre os estudos da mocidade da época .
O 25 de novembro de 1892, Coubertin formou varias sociedades deportivas e difundiu a súa mensaxe nunha conferencia que lanzou ao mundo o proxecto de restablecer os xogos olímpicos, mensaxe que non calou, a pesar de que a idea comezou a espertar unha curiosidade que obtería os seus froitos en 1894.
Miriam Ríos, 3º.ESO A
Héctor Currás, 3º ESO C
Héctor Currás, 3º ESO C
No hay comentarios:
Publicar un comentario