miércoles, 7 de marzo de 2012

CARREIRA DE REMUDAS

Nunha carreira de remudas, as persoas integrantes dun equipo fan quendas para competir en carreiras, natación, orientación, esquí de fondo, biatlón e patinaxe sobre xeo por partes dun circuíto. A orixe das carreiras de remudas atópase nas carreiras profesionais e xuvenís. Nos Xogos Olímpicos, hai varias carreiras de remudas.

  • Remudas en atletismo

As carreiras de remudas en atletismo son carreiras a pé para equipos de, polo menos, catro compoñentes, en que un corredor percorre unha distancia determinada. A testemuña ou pau, que é un tubo ríxido, pasa ao seguinte corredor e así sucesivamente ata finalizar a carreira. O paso da testemuña debe realizarse nunha zona determinada, sen que esta caia ao chan.

  • Regras e estratexia

A técnica básica da carreira de remudas sería a de recibir e entregar coa man cambiada. O primeiro remudista sairá coa testemuña na man dereita, correndo polo interior da curva. O seu compañeiro esperarao ao pasar da primeira curva na súa parte dereita.  
Un equipo pode ser descualificado por: perder a testemuña, facer un inadecuado intercambio de remuda, facer unha saída en falso, adiantar incorrectamente a outro corredor, evitar o paso doutro competidor ou obstaculizar de calquera forma a outro competidor.

                                                                                                     Rubén Pequeño, 3º ESO C

No hay comentarios:

Publicar un comentario