TÉCNICAS DE LANZAMENTO
Existen diferentes técnicas de lanzamento. Unha delas é a lineal O'Brien, en que o atleta colócase de costas na zona de caída e desprázase cun adianto da perna dereita (no caso dun atleta destro) ata colocarse na posición final e lanzar o artefacto.
Outra técnica moi usada actualmente é a xiratoria, inventada por un lanzador checo, Malek, nos anos 50. Ao comezo dos anos 70 utilízaa o norteamericano Otis Chandler, pero non consegue mellorar os seus rexistros conseguidos co método rectilíneo. Será o ruso Aleksander Barishnikov quen demostra a súa efectividade ao conseguir unha sorprendente plusmarca mundial sobrepasando os 22 metros o 10 de xullo de 1976 en París. Posteriormente atribuíuse a súa invención ao adestrador grego Ivan Psiakis nunha conferencia do ano 1983 en Atenas.
Amanda Santomé, 2º ESO B
No hay comentarios:
Publicar un comentario