viernes, 17 de febrero de 2012


EVOLUCIÓN HISTÓRICA DO TRIPLO SALTO


O triplo salto naceu, sen dúbida, dunha mala interpretación das probas atléticas practicadas polos gregos. Estes, en efecto, sumaban os resultados dos tres mellores saltos da competición de salto de lonxitude, o que levou a pensar que practicaban un triplo salto encadeado. Sexa como for, o triplo salto precisará moito tempo para impoñerse como disciplina. Por outro lado, non se codificará baixo a súa forma actual (pata coxa, alancada e salto) ata aproximadamente 1904. Mesmo foi practicado sen pulo nos primeiros Xogos Olímpicos modernos.

O triplo salto consiste nunha combinación de tres saltos sucesivos, que terminan coa caída nunha caixa ou foso de area. A proba iníciase cunha carreira de pulo.
O primeiro salto comeza saltando dende a táboa de batida sobre a perna de despegue do atleta e remata aterrando na pista coa mesma perna.
No seguinte paso, ou salto, o atleta salta inmediatamente coa perna de despegue e aterra no chan, coa perna oposta.
No último salto, o atleta salta coa mesma perna de non-despegue, e cae na caixa de area corrixindo o equilibrio, a través da posición horizontal dos brazos.


Sobre a evolución histórica da técnica citamos as máis importantes:

PRIMITIVOS: ata a fin do século XIX, practicábanse os tres saltos sen unha forma fixa. Os irlandeses (three jumps) empregaban a mesma perna, mentres os escoceses (two hops and jump) adoitaban facer os dous primeiros con esta para cambiar de perna no terceiro.

HOP-STEP-JUMP: os especialistas americanos daquela época coa adopción da técnica escocesa, practicaban un segundo salto moi curto, coa idea de prexudicar o terceiro, de aí a denominación estadounidense de hop, step and jump.


 O desenvolvemento da técnica do Triplo Salto baséase nas experiencias de xeracións anteriores, podendo distinguir 5 etapas:

• Ata os anos trinta (xa coa variante escocesa establecida como a regulamentaria), predominou a Técnica Pasiva, denominada así pola curta lonxitude do segundo salto.

• Na década dos trinta, o dominio xaponés introduciu  unha modificación técnica, presentando un segundo salto máis activo, que aínda prexudicaba o terceiro salto. (Técnica Activa).

• Ata os anos sesenta preséntanse dúas variantes. ATécnica de Patada caracterizábase na antiga Unión Soviética por un golpeo moi activo na batida do terceiro salto, que se alongaba.
A variante Técnica Fluída, usada polos saltadores brasileiros e algúns soviéticos, empregaban apoios de batida máis similares ao da carreira.

• A partir dos sesenta ten lugar o desenvolvemento das coñecidas como Escolas de Triplo Salto, que promulgaban diferenzas técnicas baseadas fundamentalmente nas proporcións “ideais” de salto.

A Escola Rusa promulgou a denominadaTécnica Elevada ou de gadoupa, pola acción do pé nas batidas. Fundamentábase nas posibilidades de forza de salto.

A Escola Polaca, coa súa Técnica Plana, centrábase na velocidade de execución, con apoios similares aos de carreira.

A Escola Americana, coa Técnica Natural, parecíase á  polaca ao fundamentar o éxito na velocidade, aínda que descoidaba o impulso vertical.

• Na actualidade, a maioría dos grandes saltadores utilizan a Técnica de Rebote, que aglutina aspectos positivos das anteriores (velocidade de carreira, apoios moi activos...), aínda que opta por recortar lixeiramente o primeiro salto para non perder velocidade (verdadeiro fundamento desta variante), alongando o terceiro salto.

Como observamos, todo isto ocorre na categoría masculina. A categoría feminina non
se admitiu oficialmente ata 1990, aínda qu existen rexistros de saltos desde principios
do s. XX. Na actualidade, trátase dunha proba consolidada no calendario atlético e con
especialistas de alto nivel técnico. Con todo, como analizaremos máis adiante, podemos
afirmar que non se alcanzou o nivel que se espera en función das características da proba.


Iván Rodríguez Dasilva 3º. B
Adrián Romero Piñeiro, 2º. ESO B
Mauro Piñeiro, 2º. ESO B
Daniel Prieto Paz, 3º. ESO B
Andrea Ríos, 2º. ESO B

O SALTO DE LONXITUDE


Ten a súa orixe en Atenas no ano 708 a. de C. , e nos xogos célticos uns
vinte séculos a. de C., e converteuse nunha das cinco probas
de pentatlón gregas (708 a. de C.).
Os primeiros atletas usaban pequenas halteras para mellorar os seus
resultados.
As mulleres participan por primeira vez nestas probas nos Xogos 
Olímpicos de París no ano 1900.



Daniel Martínez Ogando, 3º. ESO B
Esteban Riobó Pardes, 2º. ESO B



O salto de lonxitude é unha proba do actual atletismo. Consiste en facer un salto o máis longo posible tras unha carreira. A carreira previa debe realizarse dentro dunha área existente para iso, que remata nunha táboa de batida que indica o punto límite para realizar o pulo. A caída é nun foso de area. Consiste en 4 partes: carreira, pulo, voo e caída.
É proba olímpica na categoría masculina dende a primeira edición en Atenas (1896). A categoría feminina da proba debutou nos xogos en Londres (1948) . 

María Leites Santomé 3º. ESO B
Andrea Sánchez 2º. ESO B

jueves, 16 de febrero de 2012


LANZAMENTO DE PESO

Integración das mulleres á proba

A integración das mulleres ao lanzamento de peso non chegou ata o ano 1948 nas Olimpíadas celebradas en Londres.

Integración olímpica

Nos Xogos Olímpicos de Atenas 1896 e Xogos Olímpicos de París 1900 lánzase dende unha plataforma rectangular pintada no chan ou delimitada por fitas. O círculo actual comézase a utilizar a finais dese mesmo século, pero non é ata os Xogos Olímpicos de San Luís 1904, onde se utiliza por primeira vez unha competición internacional, pero pintado no chan con cal branco e noutra superficie distinta ao cemento, suponse que herba ou terra. A partir do ano 1909, engádese un bordo de madeira que delimita frontalmente o círculo de lanzamento. Posteriormente utilízase unha superficie de cinza, e mantense o seu uso ata a temporada 1952-53, data na que empezan a aparecer os círculos de cemento cun bordo de madeira frontal e que favorecen o desprazamento do lanzador.

Xabier Antepazo Nogueira, 2º. ESO C
Rebeca Gómez, 2º. ESO B

RODO COSTAL

O salto de altura é unha proba do actual atletismo, que ten por obxectivo superar unha barra horizontal, denominada listón, colocado a unha altura determinada sobre os soportes verticais separados uns cantos metros.
Unha mellora dos saltos produciuse coa introdución do chamado estilo de rodo costal, desenvolvido polo norteamericano George Horine, no que o atleta roda lateralmente sobre o listón. Esta técnica permitiu a Horine converterse no primeiro home en superar a barreira dos dous metros de altura. 



                                                                                                                                                          FEITO POR: SILVIA CAMAÑO GARCÍA, 3º. ESO B
    PASADO AO ORDENADOR POR: AMANDA SANTOMÉ CASARIEGO, 2º. ESO B

RODO DORSAL

Non todo estaba inventado en salto de altura. Hai anos a técnica non era precisamente a que coñecemos na actualidade .
En 1968 un americano, Sick Fasburry, atreveuse nos Xogos de México a cambiar o tradicional rodo ventral (sáltase mirando o listón) polo innovador rodo dorsal (sáltase de
costas ao listón ). Desde entón, foron poucos os que quedaron coa técnica antiga.

Alexandre Fernández Rúa e Noemí

AS CARREIRAS DE REMUDAS

Nunha carreira de remudas, as persoas integrantes dun equipo rótanse para competir en carreiras, natación, orientación, esquí de fondo, biatlón e patinaxe sobre xeo por partes dun circuíto. A orixe das carreiras de remudas atópase nas carreiras profesionais e xuvenís. Nos Xogos Olímpicos, hai varias carreiras de remudas.
  • Remudas en natación
Unha remuda en natación pode seguir varias estratexias, pero a máis usual é o segundo máis rápido, o terceiro máis rápido, o máis lento e, por último, o máis rápido.


  • Remudas en atletismo

As carreiras de remudas en atletismo son carreiras a pé para equipos de, polo menos, catro compoñentes nos que un corredor percorre unha distancia determinada, logo a testemuña ou pau, que é un tubo ríxido, pasa ao seguinte corredor e así sucesivamente ata finalizar a carreira. O paso da testemuña debe realizarse nunha zona determinada sen que esta caia ao chan.

  • Regras e estratexia
A técnica básica da carreira de remudas sería a de recibir e entregar coa man cambiada. O primeiro remudista sairá co pau na man dereita, correndo polo interior da curva. O seu compañeiro esperaralle ao pasar da primeira curva na parte dereita da curva.        
Un equipo pode ser descualificado por: perder a testemuña, facer un inadecuado intercambio de remuda, saída en falso, adiantar incorrectamente a outro corredor, evitar o paso doutro competidor ou obstaculizar de calquera forma a outro competidor.





Rubén Pequeño, 3º. ESO C

jueves, 9 de febrero de 2012


PROBAS DE MEDIO FONDO

Dentro da categoría de carreiras de medio fondo encóntranse as seguintes probas:
·      800 metros lisos
·      1000 metros lisos
·      1500 metros lisos
·      Carreira da milla
·      3000 metros lisos
·      3000 metros obstáculos







             ORIXE DAS PROBAS E INTRODUCIÓN DAS MULLERES

A proba de 800 m masculinos forma parte dos Xogos Olímpicos modernos desde a súa primeira edición celebrada en Atenas 1896. A modalidade feminina debutou en Amsterdam en 1928, pero foi considerada polas autoridades do momento unha proba moi dura para as atletas e deixou de incluírse no programa olímpico ata a edición de 1960 celebrada en Roma.
Os 1500 m son a proba estrela do medio fondo do atletismo actual. Os 1500 m lisos na súa modalidade masculina forman parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos modernos desde a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A modalidade feminina non debutaría ata os xogos celebrados en 1972 en Munich.

A proba de 3000 m obstáculos formou parte dos Xogos Olímpicos modernos desde a súa primeira edición en Atenas 1896, só que disputadas sobre diferentes distancias. A partir dos sétimos Xogos Olímpicos celebrados en Anveres en 1920, realízase a proba como é actualmente.

Os 5000 m son unha proba de fondo do actual atletismo que debutou na modalidade masculina nos Xogos Olímpicos realizados en 1912 en Estocolmo. A modalidade feminina sumouse ao programa olímpico nos Xogos Olímpicos celebrados en Atlanta 1996.

Os 1000 m é  unha proba de fondo do actual atletismo que, ao igual que os 5000 m, tivo o seu debut nos Xogos Olímpicos de Estocolmo en 1912, mentres que a participación feminina iniciouse nos Xogos Olímpicos de Seúl en 1984.





CARREIRAS DE MEDIO FONDO

As carreiras de media distancia ou de medio fondo son un tipo de proba de atletismo, que consisten en correr a pé distancias que van desde os 800 metros ata os 3000 metros, aínda que unicamente son oficiais nos Xogos Olímpicos as de 800 e 1500 metros. Pola súa relación de distancia (o 800 case dobra o 1500), pouca relación teñen en realidade estas carreiras, e os atletas soen especializarse nunha ou noutra, polo que é pouco frecuentes aqueles que compiten en ambas. As carreiras a pé máis curtas chámanse carreiras de velocidade e as máis longas, carreiras de longa distancia.

O tipo de esforzo requirido nas carreiras de media distancia, que combina velocidade e media resistencia, fan moi duras estas probas, especialmente a de 800 metros, que é unha carreira moi rápida, pero cun punto de táctica e aguante que deixa pouco para a táctica de carreira. As velocidades que hai que manter supoñen unha gran dificultade para o corredor principiante no seu inicio nestas probas, polo que son moito máis populares as carreiras de longa distancia (ou fondo).

De romper esa monotonía, encargouse o ruso Borzakovsky en Atenas 2004, remontando 5 postos en 400 metros, privando ao plusmarca Wilson Kipketer da súa ansiada medalla olímpica de forma definitiva.

Atletas famosos en 1500 m foron Fermín Cacho, que gañou un ouro en 1500 en Barcelona 92; Noureddine Morceli, vencedor do 1500 en Atlanta 96; ou o marroquí Hicham el Guerrouj, vencedor en Atenas 2004 do 1500 e do 5000, e actual plusmarca da distancia con 3:26.00