EVOLUCIÓN HISTÓRICA DO TRIPLO SALTO
O triplo salto naceu, sen dúbida, dunha mala interpretación das probas atléticas practicadas polos gregos. Estes, en efecto, sumaban os resultados dos tres mellores saltos da competición de salto de lonxitude, o que levou a pensar que practicaban un triplo salto encadeado. Sexa como for, o triplo salto precisará moito tempo para impoñerse como disciplina. Por outro lado, non se codificará baixo a súa forma actual (pata coxa, alancada e salto) ata aproximadamente 1904. Mesmo foi practicado sen pulo nos primeiros Xogos Olímpicos modernos.
O triplo salto consiste nunha combinación de tres saltos sucesivos, que terminan coa caída nunha caixa ou foso de area. A proba iníciase cunha carreira de pulo.
O primeiro salto comeza saltando dende a táboa de batida sobre a perna de despegue do atleta e remata aterrando na pista coa mesma perna.
No seguinte paso, ou salto, o atleta salta inmediatamente coa perna de despegue e aterra no chan, coa perna oposta.
No último salto, o atleta salta coa mesma perna de non-despegue, e cae na caixa de area corrixindo o equilibrio, a través da posición horizontal dos brazos.
No último salto, o atleta salta coa mesma perna de non-despegue, e cae na caixa de area corrixindo o equilibrio, a través da posición horizontal dos brazos.
PRIMITIVOS: ata a fin do século XIX, practicábanse os tres saltos sen unha forma fixa. Os irlandeses (three jumps) empregaban a mesma perna, mentres os escoceses (two hops and jump) adoitaban facer os dous primeiros con esta para cambiar de perna no terceiro.
HOP-STEP-JUMP: os especialistas americanos daquela época coa adopción da técnica escocesa, practicaban un segundo salto moi curto, coa idea de prexudicar o terceiro, de aí a denominación estadounidense de hop, step and jump.
O desenvolvemento da técnica do Triplo Salto baséase nas experiencias de xeracións anteriores, podendo distinguir 5 etapas:
• Ata os anos trinta (xa coa variante escocesa establecida como a regulamentaria), predominou a Técnica Pasiva, denominada así pola curta lonxitude do segundo salto.
• Na década dos trinta, o dominio xaponés introduciu unha modificación técnica, presentando un segundo salto máis activo, que aínda prexudicaba o terceiro salto. (Técnica Activa).
• Ata os anos sesenta preséntanse dúas variantes. ATécnica de Patada caracterizábase na antiga Unión Soviética por un golpeo moi activo na batida do terceiro salto, que se alongaba.
A variante Técnica Fluída, usada polos saltadores brasileiros e algúns soviéticos, empregaban apoios de batida máis similares ao da carreira.
• A partir dos sesenta ten lugar o desenvolvemento das coñecidas como Escolas de Triplo Salto, que promulgaban diferenzas técnicas baseadas fundamentalmente nas proporcións “ideais” de salto.
A Escola Rusa promulgou a denominadaTécnica Elevada ou de gadoupa, pola acción do pé nas batidas. Fundamentábase nas posibilidades de forza de salto.
A Escola Polaca, coa súa Técnica Plana, centrábase na velocidade de execución, con apoios similares aos de carreira.
A Escola Americana, coa Técnica Natural, parecíase á polaca ao fundamentar o éxito na velocidade, aínda que descoidaba o impulso vertical.
• Na actualidade, a maioría dos grandes saltadores utilizan a Técnica de Rebote, que aglutina aspectos positivos das anteriores (velocidade de carreira, apoios moi activos...), aínda que opta por recortar lixeiramente o primeiro salto para non perder velocidade (verdadeiro fundamento desta variante), alongando o terceiro salto.
Como observamos, todo isto ocorre na categoría masculina. A categoría feminina non
se admitiu oficialmente ata 1990, aínda qu existen rexistros de saltos desde principios
do s. XX. Na actualidade, trátase dunha proba consolidada no calendario atlético e con
especialistas de alto nivel técnico. Con todo, como analizaremos máis adiante, podemos
afirmar que non se alcanzou o nivel que se espera en función das características da proba.
Iván Rodríguez Dasilva 3º. B
Adrián Romero Piñeiro, 2º. ESO B
Mauro Piñeiro, 2º. ESO B
Daniel Prieto Paz, 3º. ESO B
Mauro Piñeiro, 2º. ESO B
Daniel Prieto Paz, 3º. ESO B
Andrea Ríos, 2º. ESO B
No hay comentarios:
Publicar un comentario