PROBAS DE MEDIO FONDO
Dentro da categoría de carreiras de medio fondo encóntranse as seguintes probas:
· 800 metros lisos
· 1000 metros lisos
· 1500 metros lisos
· Carreira da milla
· 3000 metros lisos
· 3000 metros obstáculos
ORIXE DAS PROBAS E INTRODUCIÓN DAS MULLERES
A proba de 800 m masculinos forma parte dos Xogos Olímpicos modernos desde a súa primeira edición celebrada en Atenas 1896. A modalidade feminina debutou en Amsterdam en 1928, pero foi considerada polas autoridades do momento unha proba moi dura para as atletas e deixou de incluírse no programa olímpico ata a edición de 1960 celebrada en Roma.
Os 1500 m son a proba estrela do medio fondo do atletismo actual. Os 1500 m lisos na súa modalidade masculina forman parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos modernos desde a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A modalidade feminina non debutaría ata os xogos celebrados en 1972 en Munich.
A proba de 3000 m obstáculos formou parte dos Xogos Olímpicos modernos desde a súa primeira edición en Atenas 1896, só que disputadas sobre diferentes distancias. A partir dos sétimos Xogos Olímpicos celebrados en Anveres en 1920, realízase a proba como é actualmente.
Os 5000 m son unha proba de fondo do actual atletismo que debutou na modalidade masculina nos Xogos Olímpicos realizados en 1912 en Estocolmo. A modalidade feminina sumouse ao programa olímpico nos Xogos Olímpicos celebrados en Atlanta 1996.
Os 1000 m é unha proba de fondo do actual atletismo que, ao igual que os 5000 m, tivo o seu debut nos Xogos Olímpicos de Estocolmo en 1912, mentres que a participación feminina iniciouse nos Xogos Olímpicos de Seúl en 1984.
No hay comentarios:
Publicar un comentario