AS CARREIRAS DE REMUDAS
Nunha carreira de remudas, as persoas integrantes dun equipo rótanse para competir en carreiras, natación, orientación, esquí de fondo, biatlón e patinaxe sobre xeo por partes dun circuíto. A orixe das carreiras de remudas atópase nas carreiras profesionais e xuvenís. Nos Xogos Olímpicos, hai varias carreiras de remudas.
- Remudas en natación
- Remudas en atletismo
As carreiras de remudas en atletismo son carreiras a pé para equipos de, polo menos, catro compoñentes nos que un corredor percorre unha distancia determinada, logo a testemuña ou pau, que é un tubo ríxido, pasa ao seguinte corredor e así sucesivamente ata finalizar a carreira. O paso da testemuña debe realizarse nunha zona determinada sen que esta caia ao chan.
- Regras e estratexia
A técnica básica da carreira de remudas sería a de recibir e entregar coa man cambiada. O primeiro remudista sairá co pau na man dereita, correndo polo interior da curva. O seu compañeiro esperaralle ao pasar da primeira curva na parte dereita da curva.
Un equipo pode ser descualificado por: perder a testemuña, facer un inadecuado intercambio de remuda, saída en falso, adiantar incorrectamente a outro corredor, evitar o paso doutro competidor ou obstaculizar de calquera forma a outro competidor.
Rubén Pequeño, 3º. ESO C
No hay comentarios:
Publicar un comentario