domingo, 6 de mayo de 2012

O TRIPLO SALTO OU SALTO TRIPLE
   O triplo salto é unha proba olímpica de atletismo .A modalidade require unha combinación de velocidade e técnica do atleta.
Técnica
   O triplo salto consiste nunha combinación de tres altos sucesivos que terminan coa caída nunha caixa ou foxo de area. A proba iníciase cunha carreira de impulso. O primeiro salto comeza co atleta saltando dende a táboa de batida sobre a súa perna de despegue  e remata aterrando na pista con esa mesma perna. No seguinte salto ou paso, o atleta inmediatamente salta coa perna de despegue e aterra no chan coa perna oposta. No último salto, o saltador salta con esa mesma perna de non-despegue e cae na caixa de area corrixindo o equilibrio a través da rotación horizontal dos brazos. A fase de salto é moi semellante á de salto de lonxitude.
   Unha “falta”,tamén coñecida como “rabuñadura” ou salto perdido, acontece cando o saltador supera a marca de despegue da táboa de batida, perde o foxo totalmente, non segue a secuencia dos pasos correctamente ou non realiza o salto no tempo asignado(normalmente preto dun minuto).
   O obxectivo do triplo salto é lograr a máxima distancia do taboleiro á area. Para facelo,un factor esencial consiste en que o atleta, para preservar tanta velocidade dianteira, logre ao principio do salto, na secuencia das tres fases, transmitir todo o tempo unha parte considerábel da enerxía horizontal en enerxía vertical de cada fase. A medición da lonxitude realízase dende a pegada máis próxima deixada polo atleta na area até a táboa de batida. A táboa de batida está a 13 m do comezo do foxo de area para os homes e a 11 m para as mulleres, aínda que sempre hai a posibilidade de colocar táboas máis preto.


Historia
   O triplo salto forma parte da competición olímpica desde a primeira edición moderna, en Atenas 1986. O primeiro campión olímpico foi o estadounidense James Connolly. O Xapón dominou a modalidade entre Ámsterdan 1928 e Berlín 1936. O soviético Viktor Saneyev conquistou tres medallas de ouro olímpicas consecutivas entre 1928  e 1976. O 16  de xuño de 1985 o estadounidense Willie Banks saltou 17'97 metros en Indiana. Banks pediu palmas ao público para marcar o ritmo da súa carreira até o salto. O record foi superado por Jonathan Edwards en 1995, con 18'29 metros. A proba estreouse nos Xogos de Atlanta en 1996, e a marca mundial foi establecida pola ucraína Inessa Kravets en 1995, con 15'50 metros. 

   Un concurso estándar de triplo salto está composto por seis intentos, os tres primeiros para todos os atletas e os tres últimos para os oito mellor clasificados, denominados saltos de mellora. En caso de ser oito ou menos atletas, todos pasarán á mellora. Gañará o altleta que mellor marca realice, en caso de empate comprobaranse a segunda mellor marca de cada un deles e así sucesivamente.

                                                                                           María Piñeiro Martinez 3º ESO B
                                                                                           Estefanía Vilas, 2º ESO B

                                                                                           Rebeca Gómez, 2º ESO B

A TÉCNICA DE TREPA


   Cara a 1850, organizábase un "salto con pértega con impulso" en que os competidores estaban autorizados a trepar pola pértega durante o salto. Esta práctica permaneceu durante moito tempo como a única utilizada e non se prohibiu ata 1889.

   Un francés, Fernand Gonder, converteuse nun dos primeiros recordmen do mundo cun salto de 3,74 m en 1905. Pero moi pronto a marca cruzou o Atlántico. Seguidamente á evolución desta marca produciuse unha mellora constante do material; a pesada pértega (máis de 10 Kg) dotada dun cravo, alixeirouse progresivamente. O bambú sucedeulle e xeneralizouse dende 1905. Logo apareceu a caixa de batida.

   Os primeiros saltadores superan o listón en posición de "cadeira", moi pronto chegan a un esbozo de investimento e a unha flexión do corpo por enriba do listón (o Jack Knife).

   Os saltadores de pértega máis destacados da súa época, como o noruegués Charles Hoff, popularizan o fly away, técnica que xa dá preferencia á velocidade horizontal e favorece, deste modo, o paso do listón. Lentamente pero con seguridade, os atletas proseguen a súa ascensión:



- 4 m, en 1912 (Wright, EUA).



- 4,25 m, en 1925 (Hab, Noruega).



- 4,5 m, en 1937 (Sefton, EUA).



   Entón chegou Cornelius Warmerdam (EUA), que levará a marca ata 4,77 m en 1942. O ano 1950 ve a aparición das pértegas metálicas (aliaxe cobre-aluminio), que xa ofrecen certa flexibilidade. Coa axuda da pértega Bob Richards fíxose con dous títulos olímpicos (Helsinki e Melbourne). O último recordman do mundo antes da aparición da fibra de vidro é o americano Don Bragg, que alcanzou 4,80 m en 1960.

                                                                                           Carla García Barros  3º ESO B
                                                                                            Andrea Iglesias 2º ESO B
O KICTCH-KICK


    A aparición do kictch-kick , a primeira técnica que pode considerarse como tal, aparece en Estados Unidos a comezos da década de 1920 con este sonoro nome (salto de puntapé), ou, como se chamou posteriormente en Europa, salto de tesoira ou salto de carreira.
Cun movemento e medio de pernas polo aire, Edwin Gourdim destaca este tipo de técnica á hora de saltar.


                                                                                                                   Jessica Miranda Magallanes
                                                                                                                   Alejandro Ríos
TÉCNICAS DE LANZAMENTO

   Existen diferentes técnicas de lanzamento. Unha delas é a lineal O'Brien, en que o atleta colócase de costas na zona de caída e desprázase cun adianto da perna dereita (no caso dun atleta destro) ata colocarse na posición final e lanzar o artefacto.

   Outra técnica moi usada actualmente é a xiratoria, inventada por un lanzador checo, Malek, nos anos 50. Ao comezo dos anos 70 utilízaa o norteamericano Otis Chandler, pero non consegue mellorar os seus rexistros conseguidos co método rectilíneo. Será o ruso Aleksander Barishnikov quen demostra a súa efectividade ao conseguir unha sorprendente plusmarca mundial sobrepasando os 22 metros o 10 de xullo de 1976 en París. Posteriormente atribuíuse a súa invención ao adestrador grego Ivan Psiakis nunha conferencia do ano 1983 en Atenas.

                                                                                                                  Amanda Santomé, 2º ESO B

miércoles, 7 de marzo de 2012

CARREIRA DE REMUDAS

Nunha carreira de remudas, as persoas integrantes dun equipo fan quendas para competir en carreiras, natación, orientación, esquí de fondo, biatlón e patinaxe sobre xeo por partes dun circuíto. A orixe das carreiras de remudas atópase nas carreiras profesionais e xuvenís. Nos Xogos Olímpicos, hai varias carreiras de remudas.

  • Remudas en atletismo

As carreiras de remudas en atletismo son carreiras a pé para equipos de, polo menos, catro compoñentes, en que un corredor percorre unha distancia determinada. A testemuña ou pau, que é un tubo ríxido, pasa ao seguinte corredor e así sucesivamente ata finalizar a carreira. O paso da testemuña debe realizarse nunha zona determinada, sen que esta caia ao chan.

  • Regras e estratexia

A técnica básica da carreira de remudas sería a de recibir e entregar coa man cambiada. O primeiro remudista sairá coa testemuña na man dereita, correndo polo interior da curva. O seu compañeiro esperarao ao pasar da primeira curva na súa parte dereita.  
Un equipo pode ser descualificado por: perder a testemuña, facer un inadecuado intercambio de remuda, facer unha saída en falso, adiantar incorrectamente a outro corredor, evitar o paso doutro competidor ou obstaculizar de calquera forma a outro competidor.

                                                                                                     Rubén Pequeño, 3º ESO C

PIERRE DE FREDY

Pierre de Fredy (baron de Coubertin) naceu en París o 1 de xaneiro de 1863, nunha familia burguesa. 

O que sería o “pai dos xogos olímpicos modernos” foi un estudoso da filosofía e mitoloxía gregas. O que influíu definitivamente na súa intención de revivir os xogos foron as escavacións arqueolóxicas das cidades de Troia e Olimpia, que provocaron que Europa volvera a vista cara á antiga Grecia.
Os estudosos, investigadores e científicos centráronse en estudar tempos pasados.
O grego e o latín recuperaron o seu lugar entre os estudos da mocidade da época .

O 25 de novembro de 1892, Coubertin formou varias sociedades deportivas e difundiu a súa mensaxe nunha conferencia que lanzou ao mundo o proxecto de restablecer os xogos olímpicos, mensaxe que non calou, a pesar de que a  idea comezou a espertar unha curiosidade que obtería os seus froitos en 1894.

                                                                                                             Miriam Ríos, 3º.ESO A
                                                                                                             Héctor Currás, 3º ESO C

UN POUCO DE HISTORIA

Como era o atletismo na Roma do século II a. de C.?
Que pasou co concepto de deporte?

Grecia comenzou a declinar como potencia do atletismo no século III a. de C.
Roma ocupou o seu lugar no século II a. de C. Pouco a pouco perdeuse o espírito dos afeccionados e a atmosfera relixiosa do pasado. Aristófanes, o comediógrafo ateniense, observou ben esta declinación.

Aristófanes queixouse amargamente de que os mozos gregos abandonaran "o ximnasio polos luxos dos baños, e tiñan as caras pálidas e peitos estreitos". Os xogos foron decaendo ata que o emperador cristián de Roma Teodosio I o Grande os aboliu por completo. 




                                                                                                              Miriam Ríos, 3º ESO A
                                                                                                              Héctor Currás 3º ESO C