domingo, 6 de mayo de 2012

A TÉCNICA DE TREPA


   Cara a 1850, organizábase un "salto con pértega con impulso" en que os competidores estaban autorizados a trepar pola pértega durante o salto. Esta práctica permaneceu durante moito tempo como a única utilizada e non se prohibiu ata 1889.

   Un francés, Fernand Gonder, converteuse nun dos primeiros recordmen do mundo cun salto de 3,74 m en 1905. Pero moi pronto a marca cruzou o Atlántico. Seguidamente á evolución desta marca produciuse unha mellora constante do material; a pesada pértega (máis de 10 Kg) dotada dun cravo, alixeirouse progresivamente. O bambú sucedeulle e xeneralizouse dende 1905. Logo apareceu a caixa de batida.

   Os primeiros saltadores superan o listón en posición de "cadeira", moi pronto chegan a un esbozo de investimento e a unha flexión do corpo por enriba do listón (o Jack Knife).

   Os saltadores de pértega máis destacados da súa época, como o noruegués Charles Hoff, popularizan o fly away, técnica que xa dá preferencia á velocidade horizontal e favorece, deste modo, o paso do listón. Lentamente pero con seguridade, os atletas proseguen a súa ascensión:



- 4 m, en 1912 (Wright, EUA).



- 4,25 m, en 1925 (Hab, Noruega).



- 4,5 m, en 1937 (Sefton, EUA).



   Entón chegou Cornelius Warmerdam (EUA), que levará a marca ata 4,77 m en 1942. O ano 1950 ve a aparición das pértegas metálicas (aliaxe cobre-aluminio), que xa ofrecen certa flexibilidade. Coa axuda da pértega Bob Richards fíxose con dous títulos olímpicos (Helsinki e Melbourne). O último recordman do mundo antes da aparición da fibra de vidro é o americano Don Bragg, que alcanzou 4,80 m en 1960.

                                                                                           Carla García Barros  3º ESO B
                                                                                            Andrea Iglesias 2º ESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario