domingo, 6 de mayo de 2012

O TRIPLO SALTO OU SALTO TRIPLE
   O triplo salto é unha proba olímpica de atletismo .A modalidade require unha combinación de velocidade e técnica do atleta.
Técnica
   O triplo salto consiste nunha combinación de tres altos sucesivos que terminan coa caída nunha caixa ou foxo de area. A proba iníciase cunha carreira de impulso. O primeiro salto comeza co atleta saltando dende a táboa de batida sobre a súa perna de despegue  e remata aterrando na pista con esa mesma perna. No seguinte salto ou paso, o atleta inmediatamente salta coa perna de despegue e aterra no chan coa perna oposta. No último salto, o saltador salta con esa mesma perna de non-despegue e cae na caixa de area corrixindo o equilibrio a través da rotación horizontal dos brazos. A fase de salto é moi semellante á de salto de lonxitude.
   Unha “falta”,tamén coñecida como “rabuñadura” ou salto perdido, acontece cando o saltador supera a marca de despegue da táboa de batida, perde o foxo totalmente, non segue a secuencia dos pasos correctamente ou non realiza o salto no tempo asignado(normalmente preto dun minuto).
   O obxectivo do triplo salto é lograr a máxima distancia do taboleiro á area. Para facelo,un factor esencial consiste en que o atleta, para preservar tanta velocidade dianteira, logre ao principio do salto, na secuencia das tres fases, transmitir todo o tempo unha parte considerábel da enerxía horizontal en enerxía vertical de cada fase. A medición da lonxitude realízase dende a pegada máis próxima deixada polo atleta na area até a táboa de batida. A táboa de batida está a 13 m do comezo do foxo de area para os homes e a 11 m para as mulleres, aínda que sempre hai a posibilidade de colocar táboas máis preto.


Historia
   O triplo salto forma parte da competición olímpica desde a primeira edición moderna, en Atenas 1986. O primeiro campión olímpico foi o estadounidense James Connolly. O Xapón dominou a modalidade entre Ámsterdan 1928 e Berlín 1936. O soviético Viktor Saneyev conquistou tres medallas de ouro olímpicas consecutivas entre 1928  e 1976. O 16  de xuño de 1985 o estadounidense Willie Banks saltou 17'97 metros en Indiana. Banks pediu palmas ao público para marcar o ritmo da súa carreira até o salto. O record foi superado por Jonathan Edwards en 1995, con 18'29 metros. A proba estreouse nos Xogos de Atlanta en 1996, e a marca mundial foi establecida pola ucraína Inessa Kravets en 1995, con 15'50 metros. 

   Un concurso estándar de triplo salto está composto por seis intentos, os tres primeiros para todos os atletas e os tres últimos para os oito mellor clasificados, denominados saltos de mellora. En caso de ser oito ou menos atletas, todos pasarán á mellora. Gañará o altleta que mellor marca realice, en caso de empate comprobaranse a segunda mellor marca de cada un deles e así sucesivamente.

                                                                                           María Piñeiro Martinez 3º ESO B
                                                                                           Estefanía Vilas, 2º ESO B

                                                                                           Rebeca Gómez, 2º ESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario