sábado, 19 de mayo de 2012

A ORIXE DOS XOGOS OLÍMPICOS

   Os Xogos Olímpicos Antigos foron unha serie de competicións atléticas disputadas por representantes de diversas cidades no estado da Antiga Grecia. Os rexistros indican que comezaron no ano 776 a.C. en Olimpia, Grecia, e celebráronse ata o 393 d.C. Os xogos disputábanse normalmente cada catro anos ou unha Olimpíada, que era unha unidade de tempo. Durante a celebración dos Xogos promulgábase unha tregua, ou paz olímpica, para permitir aos atletas viaxar en condicións de seguridade dende os seus países ata Olimpia.   
   Os premios para os vencedores eran coroas de loureiro, ramas de palmeira, cintas de la e incluso, ás veces, alimentos para toda a vida. Os antigos Xogos Olímpicos foron bastante diferentes dos modernos; había menos eventos e só os homes libres que falaban grego podían competir, ademais de que se celebraban sempre en Olimpia, en vez de moverse a diferentes lugares cada vez.

Atenas

   Neste tema imos tratar a educación dos nenos atenienses, pero só dos varóns, pois as nenas non pisaban nunca a escola. Todo o que aprende unha moza ateniense son esencialmente os labores domésticos: cociña, tratamento de la e tecido. Talvez tamén aprende algúns rudimentos de lectura, cálculo e música coa súa nai, coa súa avoa ou coas criadas da familia. De feito, as mozas  novas apenas saen sequera ao patio interior da súa casa, xa que deben vivir lonxe de toda mirada, afastadas incluso dos membros masculinos da súa propia familia. Feita esta salvidade, vexamos como se educaban os nenos atenienses.
   En Atenas, a ensinanza e a asistencia a clase non era obrigatoria: o pai de familia gozaba de total liberdade para educar os seus fillos ou permitir que outros os educasen ata os dezaoito anos, idade en que o mozo se convertía en cidadán e debía realizar o servizo militar.
   Ata que o neno ía á escola (aos sete anos), eran a nai e a nodriza as que se ocupaban del e proporcionábanlle as primeiras ensinanzas, que consistían en historias tradicionais, mitoloxía e lendas nacionais, e nada máis, pois as pobres mulleres, que practicamente nada aprenderan, practicamente nada podían ensinar.
   Aos sete anos o neno comeza a súa ''paideia'' ou formación cultural, pasando á escola, sempre de profesores particulares, onde cursaban tres materias: gramática, música e ximnasia.

Esparta

   A educación espartana merece unha mención especial, pola súa total contraposición á educación ateniense.
   Mentres que, como xa dixemos, en Atenas as mozas vivían recluídas, en Esparta as mozas practicaban en público moitos deportes, ao igual que os mozos: a loita e o lanzamento de disco e xavelina. Pretendían así preparar nais de familia robustas e fortes, que proporcionaran a Esparta fillos fortes, bos guerreiros.
   Os mozos soamente permanecían coas súas familias ata os sete anos, idade na que o neno pasa a mans do Estado, ao que non deixará de pertencer ata a súa morte. O neno alistábase en formacións premilitares.
    Os seus estudos limitábanse ao estritamente necesario; o resto da súa educación consistía en aprender, obedecer, soportar a fatiga con paciencia e vencer na loita, é dicir, exercicios físicos e adestramento para a guerra.
  
    "Xogos Panhelénicos" é o termo que recibe o conxunto de catro contendas diferentes que eran celebradas na antiga Grecia. Estes catro xogos eran:
        Xogos Olímpicos, de carácter deportivo, celebrados en Olimpia, en honor a Zeus.
        Xogos Pitícos, de carácter poético, celebrados en Delfos, en honor a Apolo e as Musas.

        Xogos Nemeos, con competicións de xinetes, celebrados en Argos, en honor a Hera.
        Xogos Ístmicos, competencia celebrada en Corinto, en honor a Poseidón e as Oceánidas.


                                                                                                        Selena, 2º. ESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario