SALTO CON PÉRTEGA
O salto con pértega é unha proba do actual atletismo que ten por obxectivo superar unha barra transversal situada a grande altura coa axuda dunha pértega flexible. Esta pértega ten normalmente de catro a cinco metros de lonxitude e adoita ser de fibra de vidro e carbono, materiais que substituíron ao bambú e ao metal na década de 1960.
Os atletas dispoñen de tres intentos para superar cada altura, que vai aumentando segundo o regulamento específico de cada proba, da que quedan eliminados se realizan tres saltos nulos de xeito consecutivo.

Motivos de intento nulo:
O listón non queda sobre os soportes por acción do atleta no salto.
O atleta ou a pértega tocan o chan ou a zona de caída máis alá do plano vertical da liña superior do tope da caixa, sen franquear o listón.
Despois do despegue coloca a man inferior por enriba da superior ou despraza esta cara ao alto da garrocha (acción de trepar pola pértega).
Suxeita, estabiliza ou recoloca coa man o listón durante o salto.
Atraso na execución do intento.
O salto con pértega remóntase ás antigas sociedades gregas, pero desenvolveuse ao final do século XVIII en Alemaña durante as competicións de ximnasia.
Cara a 1850, os membros do Club de Cricket de Ulverston en Reino Unido decidiron establecer a proba de «salto cun pau».
Cara a 1850, os membros do Club de Cricket de Ulverston en Reino Unido decidiron establecer a proba de «salto cun pau».
O saltador toma a garrocha uns centímetros antes do final desta, efectúa unha carreira progresiva cara ao foso, crava a punta da pértega nunha caixa metálica situada no chan, cunha profundidade de 20 cm, e salta cara a adiante e arriba dobrando a pértega; colócase nunha boa posición para recibir o impulso desta e estende o corpo cara a arriba axudándose do impulso dos brazos. Cruza o listón ventralmente cos pés por diante e logo cae no colchón. O atleta pode facer afastar ata 80 cm o saltómetro da perpendicular sobre o fin da caixa para adecuar a profundidade do listón.
Esta proba, que require unha boa velocidade de carreira, músculos fortes nas costas e unha grande habilidade ximnástica, figura no programa oficial dos Xogos Olímpicos dende a súa primeira edición, celebrada en 1896 en Atenas, no que respecta á categoría masculina. A categoría feminina non debutou ata a edición do ano 2000, celebrada en Sídney.
É a antepenúltima das dez probas de atletismo na categoría de décathlon homes e terceira en mulleres, e tamén a penúltima das 7 probas do heptatlón homes (pista cuberta).
Ana González, 3º ESO B
Tania Currás, 2º ESO B
No hay comentarios:
Publicar un comentario